Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

COUTO MIXTO LAMADARCOS MANDIN

UM POVO UMA FALA

COUTO MIXTO LAMADARCOS MANDIN

UM POVO UMA FALA

O REINO DE GALIZA: 711-910

18.03.12, vero fillodateresa netodorevidas

http://estudarhistoriapolaunedengaliza.blogspot.com.es/2011/12/se-che-preguntan-polo-reino-astur.html

 

 

 https://1.bp.blogspot.com/-KJhBjUk1aqU/TuVkLYHXPVI/AAAAAAAAEPk/3S07_RDydK8/s1600/Galicia891.png

 

O REINO DE GALICIA ENTRE 711 - 910 

 

1º.- os termos "reino de Asturias" ou "reino asturleonés" úsanse para definir a evolución da Gallaecia entre o ano 711 e o 910.

 

2º.- "reino de León" sería o reino de Galicia entre o 910 e 1230. Confundindo a sede rexia coa denominación de todo o reino, que seguía a ser Galicia, a historiografía española crea un reino en León cando esta non é máis que cidade cun pequeno territorio adxacente. Dende inicios do século XII comeza a disgregación do reino de Galicia coa independencia de Portugal, a configuración dunha entidade territorial en León e a separación, en 1157, de Galicia e León e Castela e Toledo, reino que fora incorporado a Galicia en 1085.

 

A sustitución do poder visigodo polo musulmán en Hispania a partir de 711 non implicou a ocupación islámica de Galicia, pois a aristocracia desta provincia vitiziana sería, xunto coa narbonense, a que solicitou a intervención dos musulmáns no territorio peninsular, coa finalidade de derrotar aos partidarios de Rodrigo no reino de Toledo. Neste espazo do noroeste peninsular, vinculado vasalaticamente ao emirato cordobés, configúrase, dende finais do século VIII, un proxecto de poder centralizador, cun rei á cabeza, apoiado polo episcopado galego, enfrontado á poderosa aristocracia territorial laica da Galicia lucense e bracarense. A creación dunha corte real en Oviedo a finais do século VIII sería unha tarefa apoiada por esta aristocracia eclesiástica, elixindo precisamente Oviedo por tratarse dunha zona libre de señorío, tanto de grandes señores laicos coma de mosteiros. O enfrontamento entre a aristocracia laica e o episcopado, entre os poderes territoriais e os partidarios dunha monarquía, é unha constante neste período do reino de Galicia, e nesta dinámica hai que entender as disputas dinásticas e os cambios na relación política con Córdoba.

 

No espazo galego mantéñense no século VIII as estruturas básicas de encadramento da poboación herdadas da época romana e do reino suevo, as dioceses e sedes episcopais, os territorios señoriais e o monacato, e non se producen despoboacións de territorios, nin sequera coas incursións normandas de finais do século IX.

Estas orixes do reino galego no século VIII foron explicadas pola historiografía tradicionalista española como o resultado da conformación dun núcleo de resistencia nas montañas astures composto por cristiáns que derrotan aos musulmáns na batalla de Covadonga en 718 ou 722, acaudillados por don Pelayo e que, dende alí, vai ocupando territorios.

 

Na actualidade, a propia historiografía española reduce a importancia da suposta batalla de Covadonga, considerándoa mera escaramuza musulmá no norte, e nega a historicidade de Paio como rei ou caudillo, pois a Crónica Mozárabe, escrita en 754, non o cita a el nin á batalla de Covadonga, atribuíndo a súa invención a mozárabes emigrados de al-Andalus na segunda metade do século IX, autores da Crónica de Afonso III.

 

Paio sería un nobre territorial máis de Galicia que, na zona de Asturias, decide afirmar a súa autonomía e ampliar os seus dominios, o que o leva ao choque con al-Andalus e con outros señores. A preponderancia nas crónicas concedida a Paio e aos señores territoriais do século VIII na zona asturiana (considerados reis pola historiografía española) sobre os señores galaicos, explícase no marco da elaboración, en tempos de Afonso III (866 – 910), dunha ideoloxía lexitimadora dun poder monárquico, (que finalmente frutificaría con dous estados, o de Portugal e o de España enfrontados entre si polo control da península ibérica)

En tempos de Afonso III (866 – 910) extende a autoridade real ata o río Mondego, coa restauración de Coimbra, mantendo a aristocracia local o seu poder. Santiago consolídase como centro de poder eclesiástico, coa consagración da catedral en 899.

 

BIBLIOGRAFÍA

- MARTÍN, J. L.; La España medieval. Historia 16.

- LÓPEZ CARREIRA, A.; O reino medieval de Galicia. A Nosa Terra.

- LÓPEZ TEIXEIRA, X. A.; Arredor da conformación do Reino de Galicia. 711 – 910. Toxosoutos.

 

Publicado por Paula Verao: http://estudarhistoriapolaunedengaliza.blogspot.com.es

LAMADARCOS de João antonio aires; mestura de versos con AROU … (II)

13.03.12, vero fillodateresa netodorevidas

Segundo poema de João Antonio Aires de Lamadarcos,

seguindo a achega feita por O Xico de Mandin;

unha mestura de sensibilidades mandilexas e lamadarquesas,

de versos e de AROU:

 

13 O que aumentou Lamadarcos

Eu nem esperava acordar

Para ver as pessoas a diminuir

E as casas a aumentar.

 

14 De quando eu era rapaz

Isto lhe posso contar andavam

Por aqui alguns pobres manhosos

A pedir, mas nem era de admirar

Agora se torna mais escandaloso

Ver tantos ricos roubar.

 

15 Tinham dois carros de bois

 mas náo tinham automóvel nem tractor

nesse tempo procuravam para casar

a filha do lavrador.

 

16 Por andar ao sol e á chuva

E castigado com o trabalho

Não tinha tempo de pintar

Pois o lavio estava sempre da mesma cor.

 

17 Quando eu era rapaz

Não havia lixo, nem lixeira

Não conhecíamos os iogurtes

Nem era preciso barrar o pão com manteiga.

 

18 Naquele tempo não havia prendas de natal

Para o mais velho nem para o mais novo

Nem no dia que faziam anos

Estragavam os dentes para comer o bolo.

 

19 Tal era a prenda ou brinquedo

Do Pai e do Avô como a dos Padrinhos

Nem se punha o sapato na chaminé

Pois quase todos andávamos descalçadinhos

 

20 Com duas fontes de mergulho

Lamadarcos se govemava

Se cada um gastásse um litro de água a lavar os pés

Para a casa já Ihe faltava.

 

21 Em Lamadarcos colhia-se

Azeite e vinho que fazia a gente animar

Hoje a azeitona fica na oliveira

e muitas uvas sem vindimár

 

22 Na era de 1931 e 32 começa

A vida a melhorar pois

Foi-se buscar mais água á varinha e ás carvalhas

E já havia água até sobrar.

 

23 Hoje que já á mais água

Das carvalhas e dos minhotos

Falta a água a muita gente

E é desperdicada por marotos.

 

24 Há gente que gosta muito de flores

Á volta das suas casas

Porque é só abrir a tomeira

E não custa nada regá-las.

 

Joao antonio aires

 

 

OS SEGADORES: cando van, van como rosas; cando veñen, como negros (Rosalía de Castro)

04.03.12, vero fillodateresa netodorevidas

O sistema produtivo da fegresía non era suficiente de abondo para dar de comer a todos; por iso sempre nos vimos avocados a buscar noutros lados un complemento económico que satisfacera as nosas necesidades básicas. Entre eses complementos estaban, ademais do oficio de contrabandista, o oficio de SEGADOR.

 

 

Unha das emigración por excelencia dende tempos inmemoriais foi a dos segadores; moitos dende maio a xulho ían a facer algúns cartos os “campos de castilla”.

 

“A alma ía con eles e tristemente abandonaban a “terriña” por necesidade duns cantos “cuartiños” que remediaran algunha débeda, os atrasos da contribución ou a necesidade de mercaren un terreo co que ensanchar a eira que rodea a casa.”

 

 “Una hogaza de pan de centeno con algunos torreznos por entrañas, alguna camisa de estopilla y acaso tan mal otra prenda de vestuario dentro del consabido zurrón de lienzo y por fuera un mal sombrero portugués, chaqueta, pantalón y chaleco de la misma tela que la camisa y unos zuecos o zapatos con suela de madera componen el atavío de un gallego que va a la siega ... debe añadirle el garrote de que suspende su tasado equipaje, la hoz símbolo de su oficio...”. Gil y Carrasco, “El Segador”, publicado en Los Españoles pintados por si mismos (Madrid, 1843)

 

Os cartos así obtidos axudaban a incrementar o PIB da aldea, beneficiando a toda a comunidade, entre eles aos Ferreiro parte indispensable para o oficio de segador: había que procurar a fouce, o gadaño, os dedís, de cana ou coiro e a pedra de aguzar. O Ferreiro tinha moito que ver para que a ferramenta estivera en condicións; así desde Benito Alonso “o Ferreiro” (relacionado no catastro da Ensenada 1753, que xunto con Manuel Alonso, tenente alguacil de Albarellos, levaron o apelido Alonso a Mandin), ate Serafín Yáñez e logo Carlos Salgueiro, ate que a demanda de mao de obra dos anos sesenta procedente de Europa e España acabou con un sistema produtivo do que viviron moitos e moi ben, sen votar mao a un arado.

 

 

Así como o contrabando axudaba a manter o grupo familiar, a sega en Castilla tamén formaba parte deste complemento económico, por iso era un orgullo chegar a idade en que podías ser elixido como membro de unha cuadrilla. Nun primeiro momento como atador, logo como media fouce, e finalmente como fouce.

 

“Cando de xente moza se trataba, facíano salientar orgullosos nos concellos e reunións e invocábano como garantía e servía, algunhas veces, de preferencia ós pais das mozas que cortexeban, para decidirse por un ou outro pretendente.”

 

Pero do orgulho na feligresía pasábase a humillación no destinho:

 

“Xurdían incidencias de non boas acollidas, burlas pola condición da súa pobreza no vestir, algúns esfarrapados, chegando nalgúns puntos a seren alcumados de escravos. Grupos había que, rematadas as provisións, poucas en cantidade, para terminar as xornadas e chegar ó final do seu destino, tiñan que implorar a caridade pública.”

 

O trabalho era de sol a sol durante o tempo que fixera falha porque xeralmente cobraban por trabalho feito. A temporada soia durar 60 días, algúns en anos de pouco trabalho baixaban ate Andalucía andando con unas sandalias de madeira, ultimamente xa ían en camións ou incluso en tren ou “coche de línea”, tempos xa dos últimos segadores (Ovidio, Ignacio, Silverio …)

 

Realizaban, pola mañá, o almorzo coa toma dunhas sopas de allo ó que engadían, algúns, augardente e pan, ou un gazpacho composto de pan e allo esmagado en aceite e vinagre. Os de Vilardevós, e máis concretamente os de Vilarello de Cota, traballaban “a mantido”, con catro comidas a base de touciño e carneiro, correndo o viño “a papo cheo” e nalgúns lugares, segundo a maior ou menor esplendidez dos administradores ou patróns, durante o traballo “dáseles pan o vino con abundancia, con el fin de estimarles el trabajo, que, a fuerza de ser duro y continuado, apenas hace mella en aquellos cuerpos de hierro” Lisardo Barreiro.

 

Os veráns eran dunha dureza sen paliativos. Días de madrugar antes do amencer. Ás catro ou ás cinco da mañá, á unha ou ás dúas na época de carrexo, para traballar durante todo o día, salvo un par de horas para a comida e a sesta, concluír ás dez ou ás once da noite. Cheos de cansazo, faltos de sono, mantíñanse como podían. Sol e falta de auga eran os dous castigos que tiñan que sufri-los segadores sen poder remedialo.

Raro, por non dicir ningún, era o que contraía matrimonio en Castela. Algúns quedaban por aquelas terras, pero en calidade de criados.

 

“Desde el desfiladero de Pancorbo hasta Despeñaperros, no hay un solo labriego que no esté absolutamente persuadido de que nadie remediará sus infortunios y de que sus únicos derechos son obedecer, pagar, sufrir y callar, porque sino le afusilan”8. 8 Senador, J.: Castilla en escombros. Las leyes, las tierras, el trigo y el hambre. Ámbito Ediciones, Salamanca, Diputación de Palencia, 1993, pp. 129-30. (A 1ª edición é de 1915).

 

“En siete días del mes de Agosto murió en el Hospital de la Cruz Domingo González marido de Josepha de Proberos era natural del lugar de Luján feligresia de Sta. Regina obispado de Lugo recivió los Santos Sacramentos no testó por ser pobre mando que del dinero que había ganado en la siega se le dijesen ocho misas…”.

 

“En onze días del mes de Enero de este presente año se enterro en esta iglesia de Santa María del Castillo de Cuenca de Campos un mozo de edad de diez y seis años pobre en el ospital, llamado Gregorio dixo ser de la Raya del reyno de Galicia y no le entendimos el apellido ni el lugar, estuvo siriviendo en Villavarros con Fernando Ceynos el año pasado esto lo pongo por si viene alguna persona preguntando por dicho Gregorio y en fee de ello lo firme fecha ut supra dicha y recivio todos los Sacramentos de confesion Communion y extremauncion”.


 http://www.consellodacultura.org/mediateca/extras/sega_castela.pdf

Galicia e a sega en Castela ó longo dos tempos

 

  

Segadores GALLEGOS en Castilla, esclavos de sol a sol' (HD) BERCIAL Y MAMBLAS 2001

http://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&v=kTApw_syxsc#t=154s